David Lombao

Unha ducia de músicas para unha sesión vermú

A sesión vermú está a medio camiño entre o mundo orquestreiro de toda a vida e o mundo (ou inframundo, segundo quen o mire) da cousa hipster. Sexa como for, o certo é que é un momento ideal para permitirse algunha licenza musical e converter, como ben di Xurxo Souto, o campo da festa no centro do mundo. Velaquí unha ducia de propostas para amenizala.

  1. 03

    Radio Cos - O rumbista de Sas

    Os Radio Cos van andar a revolucionar un bo feixe de campos da festa e dos festivais deste verán. Terme ben do vermú antes de lanzarse á rumba cun aquel balcánico, que non se sabe o que ten pero cada día gusta máis.

  2. 04

    Novedades Carminha - Apriétame más

    Os composteláns traen no seu último disco, Juventud infinita, unha bonus track cun pé no campo da festa e outro na electrónica que calquera amante do mundo orquesteiro saberá apreciar. E quen non o sexa, tamén. Aprétense máis se lles presta, que estamos no verán.

  3. 05

    A Quenlla - A rumboia

    Un clásico que non morre nunca, tan incombustible como os grandes Mini e Mero, que tamén encaixan á perfección para botarlle un pé neste contexto. Viva a rumboia, aínda que sexa noite e día.

  4. 06

    Amália Rodrigues - Havemos de ir a Viana

    Hai grandes cancións do sur do Miño que chegaron ao norte para quedar. Este Havemos de ir a Viana é unha delas ata o punto de que quen asina pode dar fe de que hai anos de que soa con xeito nas sesións vermú do país. Se o meu sangue non me engana.

  5. 07

    Pasodobre Lugo-Ferrol

    Obra dun músico militar nado a finais do XIX, Gregorio Baudot, este pasodobre é un bo recurso para quen guste do infalible modelo de recital de banda popular ao mediodía como pórtico ou escusa para o vermú. Botándolle un chisco de vontade dá para botarlle un pé á saúde da irmandade lucense-ferrolá.

  6. 08

    La Pegatina - Lloverá y yo veré

    O grupo catalán de orixes multinacionais triunfa no mundo enteiro dende hai anos e, se en algo é experto, é en poñer a bailar as multitudes e destilar optimismo. Aínda que chova, baila. 

  7. 09

    Ana Kiro - Pídechas o corpo

    A meirande ensinounos moitas cousas dende os palcos, entre outras, quen manda aquí. E ben mandado estaba. Sempre presente, dende A Castañeda para o corazón.

  8. 11

    Andrés do Barro - O camiño que me leva a San Antón

    A grande icona do pop galego no século pasado pode vir moi ben se a sesión vermú se estende un pouco e se xunta coa hora de xantar. Ben se pode ir abandonando o campo da festa ao ritmo d'O tren ou deste camiño "cheo de pedras e de amor".