Praza Pública

Unha ducia de novas propostas da colección Laxeiro

A Fundación Laxeiro vén de reorganizar a súa colección permanente para ofrecer unha nova lectura da obra do pintor que xa se pode contemplar na súa sede da Casa das Artes de Vigo. [Imaxes e textos da web da Fundación Laxeiro].

  1. 01

    Pano de entrada á mostra

    "O primeiro que se atopa o visitante ao acceder ás salas da exposición, é un pano expositivo formado por unha composición de dezaseis obras, artelladas a partir de dous autorretratos ben diferentes, un carbón sobre papel do ano 1936, no que o artista escrebe “son eu” e, ao seu carón, un óleo sobre tea de 1977, no que a abstracción é o rexistro elixido"

  2. 02

    Corredor que confronta retratos e abstracción

    "Dispuxéronse dous panos expositivos lineais enfrontados fisicamente que enfrontan tamén dúas temáticas do artista. No pano da esquerda pódense ver un conxunto de dez retratos, nos que se aprecia a súa evolución, comezando con carbóns sobre papel dos anos trinta e rematando cun óleo sobre tea de 1980, pintado en clave informalista. No pano oposto colgan dez óleos sobre tea e sobre papel, nos que se ve a súa aproximación á abstracción e ao informalismo que se orixina a partir da súa chegada a Bos Aires, en 1951"

  3. 03

    Cabeza

    "Da década dos anos sesenta, unha obra escura, realizada en clave expresionista que retrata a un aforcado"

  4. 04

    Retrato de José María Galbán

    "De 1944, un excelente exemplo da faceta de Laxeiro como retratista da burguesía empresarial viguesa"

  5. 05

    Abstracción

  6. 06

    Documentos

    "Outra das novidades desta nova montaxe, é a inclusión de documentación sobre a traxectoria do artista, disposta en dúas vitrinas que amosan documentos tan singulares como o diploma expedido en 1926 polo Centro Gallego de La Habana, ou un facsímile da crítica publicada por Francisco Fernández del Riego en El Pueblo Gallego, sobre a súa primeira exposición individual en 1934, na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela"

  7. 07

    Relax

  8. 08

    Liña de tempo

    "Outra das novidades é a instalación dunha liña de vida que, de xeito moi gráfico, permite percorrer toda a vida profesional de Laxeiro nunha ollada rápida, na que se destacan os principais fitos da súa carreira e se acompaña de imaxes de diversos momentos e obras da vida do artista"

  9. 09

    Músico

  10. 10

    Sala con cadros de gran formato

    "A última sala está reservada para as obras de gran formato e, na súa maioría, as máis emblemáticas da Colección permanente como 'Trasmundo', 'Carnavalada' ou 'A vida'"

  11. 11

    A vida

  12. 12

    Aspecto da nova mostra