Unha ducia de obras da Bienal (virtual) de pintura do Eixo Atlántico
A asociación de cidades de Galicia e o Norte de Portugal vén de habilitar unha web de visita virtual á última edición do seu certame de pintura como se fose unha sala de exposicións física pola que moverse libremente. As obras galardoadas e o resto de participantes tamén poden consultarse nun catálogo convencional [aquí o PDF].
-
01
Visita virtual
As obras presentadas á XIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico poden ser contempladas como se estivesen nunha sala de exposicións física pola que o visitante pode desprazarse libremente e achegarse ou separarse de cada cadro
-
02
As 'salas'
A sala de exposicións virtual amosa en primeiro lugar, na súa 'entrada', as obras galardoadas, despois a mencións de honra e finalmente o resto de participantes.
-
03
Primeiro premio
O primeiro premio desta bienal é para 'Coração Resiliente', de Tito Senna (Brasil, 1985).
-
04
Segundo premio
'Betty', de Fruela Alonso Blanco (Asturias, 1974) recibiu o segundo premio.
-
05
Premio novos talentos
Breogán Torres Gutiérrez (Vigo, 1999) obtivo o premio Novos Talentos por 'As cancións de mariñeiros que falan de liberdade escríbeas xente de terra'.
-
06
Mención de honra
Esta XIII Bienal do Eixo Atlántico outorgou cinco mencións de honra. Obtivo unha Javier Pena (Sarria, 1947) por '2D-3D'.
-
07
Mención de honra
'Con la que está cayendo', de J. Antonio Castro-Muñiz (Ponferrada, 1957)
-
08
Mención de honra
'That was just a dream (diptych)', de Raul José de Oliveira Ferreira (Vila Nova de Gaia, 1975).
-
09
Mención de honra
'Poéticas do Desejo', de Ricardo de Campos (Monção, 1977).
-
10
Mención de honra
'Sen titulo', de Thomas Apostolou (Grecia, 1985).
-
11
O resto de obras
Tras as obras premiadas e as mencións de honra, a mostra virtual permite contemplar todas as propostas presentadas a esta XIII edición.
-
12
Información dos e das artistas
O visitante pode coñecer os detalles de cada obra pulsando sobre unha icona a carón de cada unha que lle ofrece mesmo os datos de contacto de cada autor ou autora.