David Reinero

Unha ducia de parroquias "rurais" nas que a Xunta baixa impostos ás segundas vivendas

O Goberno galego reducirá do 10% ao 6% o tipo impositivo para comprar segundas residencias en 3.500 parroquias de toda Galicia que considera “zonas pouco poboadas ou áreas rurais”, entre elas nesta ducia de lugares. Imaxes tiradas do Plan de Ordenación do Litoral da Xunta (CC-BY-NC-SA).

  1. 01

    Baredo (Baiona)

    Comezando o recorrido polo sur, e pertencente ao concello de Baiona, o máis turístico da Área Metropolitana de Vigo, cunha importante presión urbanística e número de segundas residencias, Baredo é onde remata a autoestrada Vigo-Val Miñor que permite desprazarse en 20 minutos a numerosos puntos da cidade.

  2. 02

    Aldán (Cangas)

    En Aldán desemboca o Corredor do Morrazo, que permite situarse no centro de Vigo nuns 20 minutos.

  3. 03

    O Hío (Cangas)

    Veciña de Aldán, a parroquia do Hío, onde está a praia de Nerga, na imaxe, tamén viu proliferar as segundas residencias.

  4. 04

    Samieira (Poio)

    A un paso do centro de Pontevedra, esta parroquia litoral de Poio tamén é considerada "rural" ou "pouco habitada" para baixarlle impostos ás segundas residencias.

  5. 05

    San Vicente (O Grove)

    Os chalés con piscina de San Vicente do Mar tamén verán reducidos os seus impostos.

  6. 06

    A Illa de Arousa

    Toda a Illa de Arousa constitúe unha única parroquia, tamén incluída no listado de zonas nas que se baixarán impostos.

  7. 07

    Goiáns (Porto do Son)

    A parroquia de Goiáns, na que está a vila de Portosín, cun porto deportivo, vén converténdose nun importante foco turístico. As súas vivendas tamén verán rebaixados os impostos.

  8. 08

    Muros

    Todas as parroquias do Concello de Muros son consideradas rurais ou pouco habitadas para baixar os impostos ás segundas residencias, malia que tamén alí hai certa presión turística.

  9. 09

    Veigue (Sada)

    Na Área Metropolitana da Coruña a Vía Ártabra permite chegar á parroquia de Veigue, en Sada, nuns 20 minutos.

  10. 10

    Ouces (Bergondo)

    Na parroquia de Ouces está a praia de Gandarío, rodeada tamén por chalés que verán rebaixados os seus impostos.

  11. 11

    Perbes (Miño)

    Miño é outra das vilas costeiras nas que proliferaron chalés e segundas residencias que agora verán rebaixados os impostos.

  12. 12

    San Cosme (Barreiros)

    San Cosme, e o resto de parroquias de Barreiros, si eran rurais ata que hai uns anos a construción desaforada intentou convertela na "Sanxenxo do norte", como a definía o seu anterior alcalde. Hoxe boa parte das vivendas construídas están baleiras e non atopan comprador. Agora, a Xunta baixaralles os impostos.