Praza Pública

Unha ducia de petiscos de talento audiovisual no festival escolar Olloboi

O festival audiovisual escolar Olloboi está a consolidarse dende Boiro como toda unha canteira do audiovisual galego. A nova edición do certame, que xunta traballos de centros educativos de todo o país, estreitará o contacto entre a rapazada e profesionais do sector e multiplica as ligazóns con asociacións da contorna cunha nova actividade, a Muchachada Matiné. A presentación de materiais educativos no proxecto Aprendo con Olloboi ou unha gran sardiñada final son ingredientes cunha cita que ten como peza central a entrega de premios a pezas en oito categorías. Velaquí algunhas delas.

  1. 01

    Efecto bolboreta

    IES Macías o namorado (Padrón). Finalista na categoría de interpretación.

  2. 02

    Astral

    Finalista na categoría de ensino superior. Guión e dirección de Jorge Fernández.

  3. 03

    Non significa non

    IES de Mugardos. Finalista nas categorías de interpretación e guión.

  4. 04

    O rap de Carlos Casares

    CPI Mosteiro de Meis. Finalista na categoría de banda sonora orixinal.

  5. 05

    O rumor

    IES Basanta Silva de Vilalba. Finalista na categoría de interpretación.

  6. 06

    Roubo no galiñeiro

    CEIP A Lama. Finalista na categoría de Educación Primaria.

  7. 07

    Máis che vale non ser ti

    IES A Cachada de Boiro. Finalista nas categorías de montaxe e fotografía.

  8. 08

    Bolboretas no bandullo

    CEIP Bibei. Finalista na categoría de Educación Primaria.

  9. 09

    Quero un patio novo

    CEIP Coirón-Dena. Finalista na categoría de Educación infantil.

  10. 10

    Algo pasa en Guitiriz

    IES Poeta Díaz Castro. Finalista na categoría de fotografía.

  11. 11

    Non, non, non!

    CEIP Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro. Finalista nas categorías de montaxe, fotografía e banda sonora orixinal.

  12. 12

    En el baño

    Colexio Galén de Lugo. Finalista na categoría de fotografía.