Unha ducia de pezas para Isaac
O 22 de agosto de 1920 nacía Isaac Díaz Pardo e entre outras moitas iniciativas para lembrar o seu centenario o colectivo Alento Esbravexo organizou Unha manda de pezas para Isaac, un concurso no que calquera persoa puido enviarlles calquera achega de calquera tipo inspirada no creador. Recompilamos unha ducia delas divulgadas polos organizadores.
-
01 -
02Cerámica
Ana Pillado Vega remitiu imaxes de varias pezas de cerámica realizadas por ela tras asistir á Escola Libre de Cerámica do Castro
-
03Debuxo e composición
Adela Figueroa Panisse e Celsa Sánchez Vázquez achegaron unha composición que pode lerse aquí e un debuxo sobre a súa última conversa con Isaac
-
04Caligrama
María Canosa elaborou este caligrama
-
05Retrato
Antonio Seijas enviou este retrato
-
06
Canción
Antonio Quesada Rodríguez compuxo esta peza, Canción de espertar
-
07Escultura
FrAn LaREo confeccionou este Un gaiteiro para Isaac Díaz Pardo
-
08Debuxo
Sara Plaza envía este Árbores-paxaro e unha reflexión
-
09Fotografía
Carmen Llonín achega Mans Creadoras , fotografía estampada sobre lenzo intervida con bordados a man
-
10Ilustración
Morre o paxaro no aire é esta tinta sobre papel de Baldo Ramos
-
11Lembranzas
Alfonso Blanco Torrado achega a lembranza da súa relación con Isaac neste texto que se pode ler aquí
-
12Cerámica
Centro de bolboretas é a peza que achega Mario Rodríguez Feijoo