Praza Pública

Unha ducia de actividades do Apego e da súa festa

Neste sábado 22 de decembro, na Festa do Apego, nenas e nenos poden gozar e socializar en galego durante todo o día na feira que se celebra no Auditorio de Galicia, en Santiago. Haberá música, contacontos, teatro, xogos e unha ampla oferta cultural que se amplía e medra cada ano grazas tamén ao impulso dun proxecto que abrangue 400 familias compostelás e milleiros en Galicia.

  1. 01

    Caramuxo Teatro

    Redondo, de Caramuxo Teatro, unha proposta visual, case sen palabras, para gonzar en familia grazas ao proxecto Apego.

  2. 02

    Avoa Youja

    O aloumiño dunha estrela, de Avoa Youja. Un espectáculo desta compañía de artes escénicas para nenos e nenas que é unha habitual do Apego e da que se poderá gozar na festa deste sábado.

  3. 03

    Nano, de Raquel Queizás

    Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas se converten en todo un reto. Raquel Queizás tráenos unha nova historia de Nano na Festa Apego.

  4. 04

    Trinke Trinke

    A ratiña Lilí Gruyére, de Trinke Trinke, ten moitas historias que contar, como estas 'Aventuras na Cociña' do vídeo. Na Festa Apego falará dos 'Avós'.

  5. 05

    O Apalpador

    No Nadal non podía faltar o Apalpador, que chega da man de Anxo Mouro, que nesta reportaxe de Televinte Chantada manda a súa mensaxes polas Festas.

  6. 06

    Mamá Cabra

    O grupo, habitual das actividades do Apego, tamén estará na festa cun concerto no que repasará os seus mellores éxitos, como este sobre os Reis Magos.

  7. 07

    Orquestra de Malabares

    Orquestra de Malabares con Pista4 e a Banda Municipal de Música.  Innovador espectáculo onde se fusionan os instrumentos dourados, os grandes tambores, os uniformes e as maxistrais obras da Banda Municipal coas bólas, as mazas, os arcos, os pantalóns curtos e a irreverencia do circo de Pista4.

  8. 08

    Xandobela

    Xandobela constrúe xoguetes e enredos musicais a partir de materiais de refugallo. Un dos seus obradoiros amosará todo o que se pode facer, como xa se fixo noutras actividades como a de San Xoán na Coruña.  

  9. 09

    Cinema Crianza

    A Festa Apego tamén proxectará vídeos de Cinema Crianza, unha aposta polo cine dende ames para os máis pequenos e pequenas
     

  10. 10

    Os vídeos de Apego

    Entre os vídeos que se proxectarán tamén están aqueles propios do proxecto Apego, como o do xogo de dedos d'As aventuras de Po
     

  11. 11

    Espazo de xogo libre

    Na Festa Apego haberá tamén un espazo de xogo libre, cos materiais naturais non estruturados de Terra Miúda

  12. 12

    Feira

    Ademais das actuacións e as actividades, a Festa Apego contará tamén con postos de diverso material de exposiición, venda ou repartición sobre o Proxecto Apego, sobre os centros cívicos da cidade ou sobre as Escolas Semente