David Reinero

Unha ducia de publicidades na revista Nós

Coincidindo cos cen anos da súa aparición, os 144 números da revista Nós xa poden consultarse en liña na biblioteca dixital Galiciana. E, xunto cos textos de Risco, Cabanillas ou Losada Diéguez, as publicidades da época, algunha delas debuxadas por Castelao.

  1. 01

    En galego

    O primeiro anuncio publicitario en galego xa aparecera en 1876, pero Nós fixo deles algo habitual, comezando polas primeiras páxinas do primeiro número de outubro de 1920.

  2. 02

    Publicitando o galeguismo

    Xa desde aquel primeiro número a revista Nós serviu para publicitar outras publicacións do galeguismo.

  3. 03

    Con debuxos de Castelao...

    Aquel primeiro número saído hai agora cen anos xa contaba con publicidades debuxadas polo propio Castelao.

  4. 04

    ...e modernísimas imaxes

    Co tempo, as publicidades foron evolucionando, como nesta moderna imaxe de 1927.

  5. 05

    As tarifas

    Isto era o que custaban os anuncios publicitarios na revista, segundo se informaba no seu segundo número, de novembro de 1920.

  6. 06

    Reflexo da época

    A publicidade permite comprobar os avances da época, como o único hotel de Ourense con calefacción central á altura de novembro de 1920.

  7. 07

    Debuxos e texto

    O número de abril de 1931 inclúe este anuncio que combina textos e imaxes e que tamén reflicte a mellora das condicións de vida da época.

  8. 08

    Redactores e anunciantes

    Neste número de marzo de 1927 o avogado Vicente Risco anúnciase na segunda páxina, xusto baixo o sumario que inclúe un artigo do redactor Vicente Risco.

  9. 09

    Avances

    A revista tamén avanzaba o que o lector se podería atopar en seguintes números.

  10. 10

    Necesidades que só se tiñan antes... ou non

    Galicia apenas tiña aínda liñas de tren pero xa había problemas con elas e no terceiro número da revista, en decembro de 1920, aparece este anuncio dunha axencia que se ofrece para "toda clás de reclamacións y-asuntos que se teñan cos camiños de ferro".

  11. 11

    Publicidade que traía boa sorte

    No cuarto número da revista, en xaneiro de 1921, formulábanse ofertas que non se podían rexeitar.

  12. 12

    Última

    A última publicidade do último número da revista, o de maio-xuño de 1935, remataba cun aquel de autoestima: "A sua biblioteca non será unha biblioteca galega, mentras non adequira as obras editadas por Nós".