Unha ducia de reivindicacións feitas na casa
Esta fin de semana unha gran manifestación reivindicará a "dignidade" da clase traballadora. En días pasados fixeron o propio os mariñeiros do cerco. Pouco antes, o berro foi polos dereitos das mulleres. En todas estas mobilizacións e en moitas outras saen á rúa, ademias das reivindicacións, pequenas mostras de arte caseiro que lle poñen imaxe ás loitas. Estas son algunhas delas.
-
01
As contas da LOMCE
Un pai e unha filla calculan que cómpre para arranxar o que desfaga a Lei Wert.
-
02
O antídoto contra a reforma laboral
No verán de 2012 as rúas enchéronse de protestas contra os recortes tan claras coma esta.
-
03
Que ninguén poña a parir as mulleres
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto bota man da creatividade para reivindicar o que debera ser evidente.
-
04
Para paridas...
... as de Gallardón, proclamouse en Compostela baixo a chuvia.
-
05
Un matrimonio de conveniencia
As protestas das persoas estafadas polas preferentes rebordan indignación e creatividade.
-
06
Mulleres bravas contra a estafa
Madeira, un chisco de cor e dignidade foron dabondo para levar ás portas do Parlamento as reivindicación destas mulleres estafadas polas preferentes.
-
07
O paraugas da lingua
Cubertos de razóns para defender o galego baixo a chuvia
-
08
O 'collage' da consulta
Un mozo compón á súa maneira as intencións das polémicas enquisas de Educación
-
09
Non por repetida, menos certa
Unha muller resumía así as reivindicacións da folga xeral do 14-N
-
10
Que vai pasar?
Unha bonita faixa para representar un futuro incerto
-
11
Cuestión de peixes
Reinterpretando quen son os peixes grandes e quen os pequenos
-
12
Para que se entenda
Un manifestante contra os recortes decidiu dirixirse directamente a quen manda