Praza Pública

Unha ducia de retratos de Fernández del Riego para o seu ano das Letras

O inspirador do primeiro Día das Letras Galegas será o homenaxeado en 2023 no 60 aniversario desa distinción convertida en festa cidadá. Moito antes de que se coñecese a súa elección, o Concello de Vigo abriu a finais de 2021 unha mostra sobre a colección artística do intelectual e as súas relacións co mundo da arte que agora vén de prorrogar ata 2024, de xeito que seguirá aberta durante todo o ano dedicado á súa figura. Do catálogo desa exposición escollemos unha ducia de retratos de Fernández del Riego elaborados por algunhas das principais sinaturas da arte galega.

  1. 01

    Seoane

    Luis Seoane, 1933. Lápis/papel 45x32 cm

  2. 02

    Maside

    Carlos Maside, 1940. Grafito/papel 53x65 cm

  3. 03

    Laxeiro

    Laxeiro, 1941. Óleo/papel 19x27 cm

  4. 04

    Virxilio Blanco

    Virxilio Blanco, 1945. Carbón/papel 49x36 cm

  5. 05

    Xohán Ledo

    Equipo directivo da Editorial Galaxia. Xohán Ledo, Ca.1950. Acuarela/papel 60x72 cm

  6. 06

    Xohán Ledo

    Equipo directivo da Editorial Galaxia. Xohán Ledo, Ca.1950. Acuarela/papel 60x72 cm

  7. 07

    Xulia Minguillón

    Xulia Minguillón, 1950. Óleo/cartón 83x97cm

  8. 08

    Colmeiro

    Manuel Colmeiro, 1952. Lápis/papel 59x80 cm 

  9. 09

    Maside

    Carlos Maside, 1952. Lápis/papel 22x31cm

  10. 10

    Manuel Torres

    Manuel Torres, Ca.1955. Lápis/papel 12x16 cm

  11. 11

    Seoane

    Luis Seoane, 1977. Tinta/cartolina 50x62 cm

  12. 12

    Alex Vázquez

    Alex Vázquez, 2001. Sanguina/papel 25x32 cm