David Reinero

Unha ducia de tomas de posesión con e sen crucifixo

Unha nova promesa ou xuramento dun cargo público e un novo debate sobre os obxectos empregados lévannos a lembrar unha ducia de actos similares e como foi variando a simboloxía neles empregada.

  1. 01

    Pedro Sánchez, 2020

    A toma de posesión o pasado mércores de Pedro Sánchez como presidente do Goberno central foi unha promesa ante un exemplar da Constitución, sen máis engadidos.

  2. 02

    Pedro Sánchez, 2018

    Malia que a desta semana volveu xerar debate, a toma de posesión de Sánchez en 2018 tras a moción de censura que apartou a Mariano Rajoy xa fora exactamente igual, só cun exemplar da Constitución.

  3. 03

    Felipe VI, 2014

    O propio Felipe VI, tras abdicar o seu pai, foi coroado en 2014 no Congreso ante a Constitución, sen símbolos relixiosos.

  4. 04

    Fernando González Laxe, 1987

    En Galicia a toma de posesión sen crucifixo en 1987 do socialista Fernando González Laxe foi moi criticada. (Imaxe da TVG).

  5. 05

    Alberto Núñez Feijóo, 2003

    Durante os gobernos de Manuel Fraga o crucifixo volveu aparecer nas tomas de posesión, como a de Feijóo como conselleiro en 2003. (Imaxe da TVG).

  6. 06

    Emilio Pérez Touriño, 2005

    Coa chegada do bipartito o crucifixo volveu desaparecer e o presidente Touriño prometeu o cargo ante exemplares da Constitución e o Estatuto. (Imaxe da TVG).

  7. 07

    Anxo Quintana, 2005

    Similar simboloxía presentou, dous días despois da de Touriño, a toma de posesión do seu vicepresidente Anxo Quintana e do resto do Goberno galego. (Imaxe da TVG).

  8. 08

    Alberto Núñez Feijóo, 2009

    Coa volta do PP á Xunta, o crucifixo e a Biblia volveron aparecer, como na primeira toma de posesión de Feijóo como presidente.

  9. 09

    Alberto Núñez Feijóo, 2012

    A segunda toma de posesión de Feijóo, en 2012, volveu repetir simboloxía.

  10. 10

    Alberto Núñez Feijóo, 2016

    Porén, na terceira toma de posesión de Feijóo, en 2016, dous anos despois de que o propio monarca prescindise do crucifixo, este desapareceu e só ficou a Biblia.

  11. 11

    Fabiola García, 2018

    O crucifixo seguiu sen aparecer nas tomas de posesión de novos membros da Xunta, como na crise de goberno de 2018.

  12. 12

    Corina Porro, 2019

    Pero no último ano o crucifixo volveu ao grande, no acto ao aire libre de toma de posesión de Corina Porro como delegada da Xunta en Vigo.