Unha ducia de vídeos de Pucho Boedo
O 26 de xaneiro de 1986 finaba Pucho Boedo, o máis grande mestre da canción galega. Máis de tres décadas xa sen o crooner coruñés, do que Xurxo Souto adoita dicir que "como Carlos Gardel, cada día canta mellor". Lembrámolo con esta ducia de vídeos: algunhas das súas cancións, que forman parte do imaxinario colectivo de varias xeracións de galegos e galegas, algún retallo documental ou a homenaxe que hai un tempo lle tributaron os seus veciños e veciñas do barrio do Ventorrillo. Pucho Boedo!
-
01
"A Santiago Voy"
Los Tamara: "A Santiago Voy"
-
02
"Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo"
Documental producido por Voz Audiovisual e dirixido por Xurxo Souto en 2003
-
03
"Mi Tierra Gallega"
-
04
"Monólogo do vello traballador"
-
05
"Himno a Galicia"
-
06
Ofrenda no Ventorrillo
Ofrenda a Pucho Boedo realizada no barrio do Ventorrillo (A Coruña) en 2010
-
07
"Unha noite na eira do trigo"
-
08
"A Meiga"
-
09
"Quixera ser un poeta"
Pucho Boedo e Os Tamara interpretan este tema, "Quixera ser un poeta", dedicado a Castelao.
-
10
"Morriña"
-
11
Homenaxe a Pucho Boedo na apertura das festas do Ventorrillo
Homenaxe a Pucho Boedo nas festas do Pilar de 2014 no Ventorrillo, con Xurxo Souto e Sito Sedes como mestres de cerimonias.
-
12
"O Vello e o Sapo"
O tema favorito de Pucho, unha canción nun puño pechado. Recoméndase ver o vídeo da súa actuación na TVG na fin de ano de 1985, a súa derradeira presenza en televisión.