Marcos Pérez Pena

Unha ducia de visitas virtuais para viaxar por Galicia sen saír da casa

Vivimos tempos de restricións para viaxar, acceder a museos, exposicións ou monumentos. Aínda é posible facelo, pero con limitacións. Porén, as ferramentas tecnolóxicas permiten facer moitas visitas de maneira virtual, o que facilita percorrer as principais catedrais e igrexas galegas, o Castro de Viladonga ou varios museos -dende o Mupega ao Museo do Mar- sen saír da casa. Dende logo, non é o mesmo que camiñar por eles, pero é unha forma de ir acalmando a fame de viaxes.

  1. 02

    Mupega

    Hai moitos museos en Galicia, pero ningún coma o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega). Esta visita virtual permite acceder ás súas salas e colección, que amosa instrumentos e materiais empregados no ensino noutro tempo, fotografías históricas e reconstrucións de aulas de diferentes épocas. 

  2. 04

    Museo do Castro de Viladonga

    O Castro de Viladonga (Castro de Rei) é un dos mellor conservados en Galicia e conta cun museo dende hai case 40 anos. Ese museo pode percorrerse tamén virtualmente, tanto as súas salas interiores como algúns dos seus espazos ao aire libre. 

  3. 06

    Galicia, un relato no mundo

    Ademais dos museos permanentes, tamén se poden realizar visitas virtuais a exposicións temporais anteriores, ofrecendo polo tanto a posibilidade de acceder a instalacións xa non visibles por outra vía. É o caso da mostra 'Galicia, un relato no mundo', que estivo o pasado ano na Cidade da Cultura, e que analizamos nestoutra ducia

  4. 09

    Catedral de Ourense

    A web de Turgalicia ofrece paseos virtuais polas cinco catedrais galegas (Santiago, Lugo, Mondoñedo, Tui e Ourense). A sé ourensá destaca pola súa beleza, especialmente no Pórtico do Paraíso. Dende aí podemos achegarnos á sobria Catedral de Tui

  5. 12

    Catedral de Lugo

    A visita pode rematar na Catedral de Lugo e as súas fermosas pinturas barrocas da bóveda do seu altar maior. Dende aí, sen movernos da provincia, viaxaremos á Catedral de Mondoñedo