Unha ducia de vistas á ría de Pontevedra sen ENCE
O Goberno de España en funcións aprobou neste xaneiro de 2016 a prórroga da permanencia de ENCE por 60 anos máis na ría de Pontevedra, cuxa autorización caducaba en 2018. A polémica decisión provocou un forte rexeitamento social e da maioría das formacións políticas. A plataforma Ence Fóra da Ría para sempre achega fotos históricas das vistas da ría sen a planta.
-
01
A ría
Imaxe aérea da contorna da ría de Pontevedra nos anos previos á construción da factoría de ENCE.
-
02
Bañistas
Bañistas nun areal da ría antes da instalación de ENCE. O Concello aposta desde hai anos por recuperar a contorna para convertela na "praia de Pontevedra".
-
03
Novo 'malecón'
Antiga postal na que catro mulleres pasan diante do novo 'malecón' construído antes da instalación da celulosa.
-
04
Mariscadoras
Mariscadoras na ría de Pontevedra, na contorna de Lourizán, onde agora se sitúa ENCE. Xa nos anos 50, estas traballadoras opuxéranse á construción da fábrica.
-
05
Cabo Praceres
Cabo Praceres e o as instalacións do Sagrada Corazón antes da construción das instalacións industriais. "Gran Hotel de los Placeres. Marín. Pontevedra. Baños de mar litre y templados", pódese ler na postal.
-
06
Outra vista dos Praceres
Outra imaxe dos Praceres antes da instalación de ENCE.
-
07
Pazo de Lourizán
Fotografía antiga do pazo de Lourizán, casa señorial situada no lugar de Herbalonga da parroquia pontevedresa. Na actualidade sitúase alí o Centro de Investigacións Ambientais e Forestais, que ten como obxectivos a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galicia.
-
08
A ría sen ENCE
Outra imaxe aérea da entrada da ría de Pontevedra, sen a planta de ENCE.
-
09
Antigo hotel 'Los Placeres'
Antigo hotel de Los Placeres, instalacións que acabarían sendo sede do Colexio Sagrado Corazón, fundado hai case 100 anos e que foi ampliando as súas infraestruturas ata as actuais.
-
10
Lourizán, ateigado
A zona de Praceres, en Lourizán, ateigada de xente nunha imaxe previa á construción da factoría de ENCE
-
11
Franco inaugura a planta de ENCE
O NO-DO do 23 de setembro de 1963 recolleu a inauguración oficial da planta de ENCE en Lourizán, aínda que xa estaba en funcionamento dende 1957
-
12
A chegada de ENCE
A fábrica de ENCE, fumegando ao pouco da súa instalación ante varios mariñeiros.