Draghi avanza que o BCE "protexerá" o euro e fai caer a prima de risco

Mario Draghi CC-BY Parlamento Europeo

As tan agardadas palabras chegaron. O presidente do Banco Central Europeo (BCE), Mario Draghi, asegurou que a institución está disposta a "facer todo o posible" para protexer o euro, incluíndo a posibilidade de actuar para conter os elevados custos de fiannciación dos estados, tal e como leva solicitando o Goberno de España desde hai tempo, así como outros executivos da UE.

"O BCE está listo para facer todo o posible para preservar o euro; e será dabondo"

"Dentro do noso mandato, o BCE está listo para facer todo o posible para preservar o euro e, creánme, será dabondo", asegurou o presidente do BCE nunha conferencia pronunciada en Londres. A reacción dos mercados foi inmediata. A Bolsa disparouse un 4% e a prima de risco baixou de 600 puntos por primeira vez desde o pasado venres, alcanzando arredor dos 570.

"Na medida que a prima de risco soberana afecte negativamente o funcionamento das canles de transmisión da política monetaria, forma parte do noso mandato",  engadiu Draghi, cuxas palabras foron recibidas de bo agrado polo Executivo español, que espera "feitos concretos". Así, e segundo Europa Press, o Goberno dixo detectar "un cambio de actitude" nas institucións, algo que atribúen á intenssa actividade diplomática mantida polo presidente Rajoy e o ministro de Economía, Luis de Guindos.

En concreto, De Guindos se ha reunido en los últimos días con sus homólogos alemán y francés, Wolfgang Schauble y Pierre Moscovici, respectivamente, quienes además de respaldar expresamente las reformas implementadas por España, han afirmado que la prima de riesgo no refleja los fundamentales del país y han pedido la inmediata aplicación de los acuerdos de la última cumbre europea.

Mario Draghi CC-BY Parlamento Europeo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.