Este nadal, viño en galego

© Terras Gauda

O Foro Peinador e a Irmandade Galega de Adegueiros presentarán este luns, na Casa da Cultura Galega de Vigo a campaña Consumosgustos Etiquetados en Galego, apoiada por Antón Reixa, os actores Rubén Riós, Antonio Durán “Morris”, Uxia, Farruco Bernal, Ernesto Chao, Rosa Álvarez ou a xornalista Julia Otero, que aparecerán en cadanseu cartel personalizado coa súa fotografía e unha frase da súa autoría reforzando o lema da campaña. No acto tamén se presentará a Carta do Consumo Responsable e Solidario.

Antón Reixa, Rubén Riós, Antonio Durán “Morris”, Uxia, Farruco Bernal, Ernesto Chao, Rosa Álvarez ou Julia Otero aparecerán en cadanseu cartel personalizado

A Irmandade Galega de Adegueiros está constituída por ao redor de 35 adegas de todo o país comprometidas coa lingua e cos produtos da terra e ao acto asistirán ademais representantes de todas as denominacións de orixe para facer forza na comercialización do produto. O obxectivo máis inmediato é impulsar o proceso de galeguización dos produtos agroalimentarios, para nunha segunda fase artellar unha estrutura capaz de establecer alianzas para unha mellor comercialización.

© Terras Gauda

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.