181 concellos galegos presentaban débedas a finais do pasado ano 2017, segundo os datos publicados polo Ministerio de Facenda. O nivel de endebedamento reduciuse notablemente en termos xerais dende o ano 2015, sobre todo nas cidades. Con todo, a débeda viva dalgunhas localidades permanece en niveis elevados.
Un total de 132 localidades presentaban a finais do pasado ano cero euros de débeda viva
Analizando os datos en termos relativos, en euros por habitante, atopamos que Os Blancos (4.825), Miño (2.529) e Catoira (1.441) son os concellos con máis débeda viva, seguidos de Porqueira, Nogueira de Ramuín, A Bola, Avión, Barreiros, Viveiro e Allariz. Petín, Xunqueira de Espadanedo, A Mezquita, Vilanova de Arousa, Mos, Rairiz de Veiga e Ribadavia tamén superan os 500 euros de débeda viva por habitante. Pola contra, un total de 132 localidades presentaban a finais do pasado ano cero euros de débeda viva.