Xa non hai onde gardalo. Os gandeiros galegos comezan a tirar o leite na segunda xornada de folga de entregas, logo de realizarse o terceiro ordeño desde que se iniciase o paró e que provocou que se rematase a capacidade dos tanques. Así, o sector comezou a baleirar o produto, o que provocará que se perdan 12.000 toneladas que non serán vendidas á industria e 4 millóns de euros, a razón de 250 euros por explotación.
O baleirado do leite aumenta as perdas a 12.000 toneladas e 4 millóns de euros nas explotacións gandeiras
Aínda que a segunda xornada de folga transcorre con normalidade, si houbo momentos de tensión con algún camión de Leite Río, así como con piquetes informativos nalgunhas comarcas. Tamén hai concentracións e tratoradas nalgunhas vilas, á espera da xuntanza que se celebrará esta tarde, que foi convocada por Medio Rural e na que se espera unha proposta das industrias para subir o prezo que se lle paga aos gandeiros e poñer fin ao paro.
HABERÁ AMPLIACIÓN