Os produtores en ecolóxico alertan de que a decisión da Xunta de non rectificar a perda de axudas "é un golpe para todo o rural"

Asemblea de produtores en ecolóxico, celebrada na última semana de xaneiro © Proecogal

A pasada semana a plataforma de produtores de ecolóxico de Galicia celebrou en Lugo a súa primeira Asemblea Aberta, un encontro que serviu para analizar a resposta dada pola Xunta á exclusión de 300 explotacións das axudas europeas, debido a un erro de previsión orzamentaria do Goberno galego, que só reservou 3,18 millóns cando precisaba 5,6 millóns. 

Estes produtores e produtoras alertan de que "a ausencia destas axudas á produción ecolóxica pode supoñer un risco de peche para as granxas" en especial para as persoas que se viñan de incorporar a esta forma de produción, que nun 80% dos casos ficaron fóra

Estes produtores e produtoras alertan de que "a ausencia destas axudas á produción ecolóxica pode supoñer un risco de peche para as granxas" en especial para as persoas que se viñan de incorporar a esta forma de produción, que nun 80% dos casos ficaron fóra. Ademais do prexuízo causado a estas novas incorporacións, tamén ficaron fóra moitas explotacións gandeiras que xa estaban en ecolóxico previamente, explicou a plataforma. 

Nas últimas semanas a Consellaría de Medio Rural comprometeuse a fornecer de fondos suficientes ás vindeiras convocatorias de axudas para o período 2023-27, pero non ofreceu solucións ao problema xerado na convocatoria do pasado ano

Asemblea de produtores en ecolóxico, celebrada na última semana de xaneiro © Proecogal

As persoas máis afectadas son as que fixeron a conversión a ecolóxico no ano 2022, que ven diminuída a achega ata case o 50% nalgún caso

As persoas máis afectadas son as que fixeron a conversión a ecolóxico no ano 2022, que ven diminuída a achega ata case o 50% nalgún caso, explica a plataforma, que critica que a Consellería "está a favorecer o endebedamento de moitos produtores e das súas familias". A plataforma denuncia que "a decisión da Consellería do Medio Rural de non ampliar as axudas da PAC neste epígrafe significa que prefiren devolver cartos a Europa que axudar ás explotacións de ecolóxico".  

"O Goberno Galego porfía nunha actitude incomprensible para o sector", negándose a atopar unha solución á perda de axudas, que "suporá un retroceso no camiño do sector agroecolóxico e o incumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible acadados na axenda 2030 con Europa", critican

Produtores e produtoras lembran que a maior parte das explotacións en ecolóxico afectadas pola perda de axudas son de pequeno e medio tamaño, moi sensibles a desencaixes orzamentarios e, ao tempo, moi importantes para o sostemento das comunidades rurais, ás que dotan de actividade e nas que xeran emprego. 

Porén, sinalan, "o Goberno Galego porfía nunha actitude incomprensible para o sector", negándose a atopar unha solución á perda de axudas, que "suporá un retroceso no camiño do sector agroecolóxico e o incumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible acadados na axenda 2030 con Europa". A Unión Europea establece que no ano 2030 a superficie agraria útil que realice produción ecolóxica debería acadar o 25% do total. En Galicia, a pesar do incremento que se vén producindo nos últimos anos, a porcentaxe está aínda moi lonxe (5,15%, segundo os datos de CRAEGA).

Asemblea de produtores en ecolóxico, celebrada na última semana de xaneiro © Proecogal

“Hai recursos materiais e o PP e o conselleiro teñen que mover as partidas, porque a perda económica das nosas explotacións é un golpe a todo o rural, aínda que nós sexamos os máis prexudicados, porque o país que non produce non ten futuro”, sinala a entidade

Ademais, engaden, provocará "un prexuízo global a todo o sector primario nos vindeiros anos cunha minoración dos importes achegados por Europa na PAC". "Sen sector primario non hai rural vivo", lembran dende a Plataforma de Produtores de ecolóxico de Galicia, que conclúen que “hai recursos materiais e o PP e o conselleiro teñen que mover as partidas, porque a perda económica das nosas explotacións é un golpe a todo o rural, aínda que nós sexamos os máis prexudicados, porque o país que non produce non ten futuro”.

A entidade solicitou entrevistas co conselleiro de Medio Rural e co presidente da Xunta e, ademais, levou a cabo encontros cos grupos parlamentarios. Así mesmo, iniciou a recollida de sinaturas por diferentes comarcas e vilas do país e intensificará as reunións con diferentes sectores "para acadar o apoio que nos nega a Consellería do Medio Rural e que si que temos da sociedade civil ante o que nos parece un atropelo da nosa maneira de manter un rural vivo". 

A plataforma apela ás alcaldías do rural, nomeadamente do PP, "para que se poñan a carón dos produtores e veciños e non do Goberno Galego"

A plataforma apela ás alcaldías do rural, nomeadamente do PP, "para que se poñan a carón dos produtores e veciños e non do Goberno Galego". A entidade fai unha mención especial á alcaldesa de Triacastela, que nos últimos días rexeitou unha moción de apoio aos produtores e produtoras afectadas do seu concello. "Este cargo político do PP, que é alcaldesa dun concello rural e despoboado, debe saber que sen sector primario non ten futuro, porque o Camiño non dá para atraer poboación nova, nin sequera para reter a actual", di a plataforma.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.