“Non hai debate de ideas, entón acabamos converténdonos todos en estereotipos”
José Prieto ten, -e xa o di el-, sona de dramaturgo comercial. E dálle a razón a quen lle chama iso. Será, di, que escribe comedias porque llas piden. E tamén porque cre que, no fondo, a vida non é tan complicada. E que está todo, ou case todo, dito. Polo que non é doado ser profundísimo e orixinal.