Silvia Penas: “Busco a intensidade e a alerta, intentar que non todo sexa tan predicible”
"As mulleres somos vítimas fronte ao poder omnipresente do patriarcado e a súa violencia, para min é evidente. De todos modos, considero que a nosa defensa ten que pasar polo ataque. Desde logo a espera e a confianza no cambio está claro que non funcionan". Iso di Silvia Penas, e con iso, -pasar ao ataque-, ten que ver Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, o libro co que gañou o Avelina Valadares. No que as mulleres non son seres pasivos e febles. Senón persoas que deciden. Que se defenden.