Martiño Noriega afirma que ten unha sensación "agridoce": amargo pola vitoria do PP que apunta o inicio do reconto e doce polo bo resultado de AGE que di que "soubo recoller o movemento de rebeldia e contestación en Galicia". Con todo, afirma que "ainda queda moita noite" e que "pode haber sorpresas"
Fálase
En Euskadi co 47% escrutado o PNV obtén 27 escanos, EH-Bildu 21, o PSE 17, o PP 10 e UPyD 1.
Primeiras reaccións das formacións políticas: Pablo García, secretario de Organización do PSdeG, lamentou a baixa participación, mentres que Mario López Rico, de AGE, xa advirte de que a nova formación "pasa de cero a cen", aínda que ambos os dous prefiren manter a cautela tras advertir que os datos que hai polo momento son só enquisas. Montse Prado, secretaria de Organización do BNG, transmite tamén "unha mensaxe de tranquilidade" á espera dos resultados definitivos.
En Euskadi a enquisa de Forta outórgalle ao PNV entre 24 e 27 escanos, a BILDU 23-26, a PSE 13-15, ao PP 9-11, a IU 0-1 e a UPyD 0-1.
As sondaxes a pé de urna prevén unha cómoda maioria para o Partido Popular. O PP obteria 39-42 escanos segundo a enquisa de IPSOS. O PSdeG-PSOE teria 18-20, AGE 8-10 e BNG 7-8. Sondaxe, pola súa banda, outorga 39 ao PP, 20 ao PSOE e 8 BNG e AGE.
Ás oito da tarde daranse a coñecer os resultados das enquisas a pe de urna de Sondaxe para V Television e de IPSOS para a TVG
José Fernández Albertos destaca a relación entre o voto maioritario ao PP en 2009 co descenso da participación: na Coruña aqueles concellos nos que o PP gañara por ampla marxe teñen máis abstención.
En Euskadi, a participación ás 17 horas cae apenas 1,22 puntos: dende o 48,42% de 2009 até o 47,2%. Ademais, sobe en Guipúscoa.
AGE denuncia carretaxe de votantes enfermos por parte de monxas en Ourense e por membros do PP en Lugo, así como outras incidencias que denuncia a través dun blog. Algunhas delas xa foron denunciadas.
Este domingo pola noite chegarán a Barajas dous dos activistas españois do veleiro Estelle, que este sábado foron abordados polo exército israeli cando tentaban rchar o bloqueo maritimo en Gaza. Son o deputado Ricardo Sixto e Begoña Zabala