Nace en Lalin o Movemento dezao polo Ensino Público coa intención "de reflexionar sobre o momento que está a atravesar o ensino público na comarca". Busca "aglutinar todos os que teñan algo que ver co ensino (familias: pais/nais e alumnado, docentes e traballadores non docentes)".
Fálase
O BNG celebrou reunión do seu Consello Nacional e Guillerme Vázquez realizou unha intervención aberta aos medios. O Bloque solidarizouse co pobo palestino e chamou a participar nas convocatorias do movemento feminista o 25-N. Ademais, culpa dos desafiuzamentos a PP e PSOE.
ANOVA reúne a súa coordinadora en Compostela. Debate a súa estratexia parlamentaria, a solidariedade con Palestina ou os actos do 25N
A metade dos galegos gaña menos de mil euros ou carece totalmente de ingresos. A taxa de precariedade en Galicia é do 47%, catro puntos por riba da media do Estado, e só por detrás de Extremadura, Andalucía e Murcia. O informe do Ministerio de Facenda salienta que cada vez de fai máis grande a diferenza entre clases sociais.
Xa son 39 as persoas mortas en Gaza polos bombardeos israelis dende o mércores. Israel relata na conta de twitter do seu Exército os resultados da súa ofensiva
A ex ministra de vivenda, María Antonia Trujillo (PSOE), sementa a polémica ao sentenzar sobre os desafiuzamentos: "Quen teña débedas, que as pague", dixo en Twitter a responsable de controvertidas campañas como as Kelly Finders. En La Vanguardia.
O alcalde de Lugo ratifica que non dimitirá por estar imputado no caso Pokémon. Xosé López Orozco subliña que xa "demostrou a súa inocencia noutros casos investigados pola Xustiza" e "pregúntase que tería pasado se, naquel momento, tivera deixado o cargo para o que o elixiron os lucenses". Coida que é "a dereita" a que está a premer para que deixe o poder.
Están convocados varios actos en Galicia en solidariedade co pobo palestino ante os ataques militares iniciados por Israel. En Compostela este venres ás 20 horas. En Ourense o sábado ás 20 horas. E na Coruña o luns ás 20.30 horas.
El Confidencial publica que os bancos nacionalizados: BFA-Bankia, CatalunyaCaixa, NovaGalicia e Banco de Valencia aceleraron os desafiuzamentos nos últimos meses para poder traspasarlles os pisos a banco malo. O crédito hipotecario moroso queda no balance dos bancos, mentras que os pisos adxudicados si se traspasarán á Sareb. Con todo, a alarma social xerada polos repetidos suicidios dos afectados paralizou esta estratexia.
O plan do Goberno contra os desafiuzamentos non lles permite aos beneficiarios recuperar a súa vivenda aínda que paguen. A norma de Rajoy sobre desafiuzamentos non ten carácter retroactivo e o Executivo non achega detalles sobre o parque de vivenda social para o aluguer.