El Confidencial publica que os bancos nacionalizados: BFA-Bankia, CatalunyaCaixa, NovaGalicia e Banco de Valencia aceleraron os desafiuzamentos nos últimos meses para poder traspasarlles os pisos a banco malo. O crédito hipotecario moroso queda no balance dos bancos, mentras que os pisos adxudicados si se traspasarán á Sareb. Con todo, a alarma social xerada polos repetidos suicidios dos afectados paralizou esta estratexia.
Fálase
O plan do Goberno contra os desafiuzamentos non lles permite aos beneficiarios recuperar a súa vivenda aínda que paguen. A norma de Rajoy sobre desafiuzamentos non ten carácter retroactivo e o Executivo non achega detalles sobre o parque de vivenda social para o aluguer.
O BNG de Lugo, que cogoberna o Concello, reclama a dimisión de Xosé López Orozco como alcalde da cidade tras a súa imputación no caso Pokémon. A Executiva do PSdeG "amosa o seu apoio" ao rexedor e confía en que o caso sexa "arquivado" pola xuíza Pilar de Lara.
Remata a constitución do Parlamento da IX Lexislatura co canto do himno galego. Os parlamentarios do BNG prometeron os seus cargos "por imperativo legal" e algúns representantes de AGE fixérono apelando aos seus ideais "republicanos". Toda a información, esta mañá en Praza.
Un home suicídase en Córdoba cando ía ser desafiuzado. Lanzouse dende a fiestra xusto cando a policía entraba na súa vivenda para executar do desaloxo.
Os afectados polas preferentes continúan coa súa protesta no exterior do Parlamento. Un voceiro comunica que vén se pedir permiso para expor directamente na Cámara as súas reivindicacións
Pilar Rojo, reelixida como presidenta do Parlamento. Miguel Ángel Santalices será o Vicepresidente Primeiro.
Xosé Manuel Beiras, que preside provisionalmente o Parlamento por ser o deputado de maior idade, bromea con "disolver" a cámara "porque os resultados agora serían distintos". E en referencia ao masivo despregue policial e ás protestas dos afectados polas preferentes afirma que é "absurdo" que a policía "protexa o Parlamento dos cidadáns".
Enorme despregamento de antidisturbios nos arredores do Parlamento. Beiras dirixiuse nun momento a falar cos policías, que mantiñan unha actitude hostil cara aos participantes no cortexo de AGE. Na imaxe, deputados do BNG xunto a un grupo de afectados polas preferentes.
Unhas 200 persoas acompañan os deputados e deputadas de AGE á constitución do Parlamento no seu cortexo cívico