Pilar Rojo, reelixida como presidenta do Parlamento. Miguel Ángel Santalices será o Vicepresidente Primeiro.
Fálase
Xosé Manuel Beiras, que preside provisionalmente o Parlamento por ser o deputado de maior idade, bromea con "disolver" a cámara "porque os resultados agora serían distintos". E en referencia ao masivo despregue policial e ás protestas dos afectados polas preferentes afirma que é "absurdo" que a policía "protexa o Parlamento dos cidadáns".
Enorme despregamento de antidisturbios nos arredores do Parlamento. Beiras dirixiuse nun momento a falar cos policías, que mantiñan unha actitude hostil cara aos participantes no cortexo de AGE. Na imaxe, deputados do BNG xunto a un grupo de afectados polas preferentes.
Unhas 200 persoas acompañan os deputados e deputadas de AGE á constitución do Parlamento no seu cortexo cívico
A Asociación Xuvenil e Sociocultural Itaca celebra o seu 30 aniversario o vindeiro 1 de decembro en Compostela.
España é un dos paises desenvolvidos cunha menor mobilidade de investigadores. Son poucos os que chegan doutros paises para traballar e son poucos os que marchan fóra.
Uruguai debate unha lei para dar preferencia o software libre sobre o privativo. A norma tamén apela á apertura de datos, pois estipula que toda a información en formato dixital debe estar dispoñible en libre acceso
O alcalde de Lugo, José López Orozco, declarará como imputado por suborno e tráfico de influencias no caso Pokémon o vindeiro dia 22
Israel incrementa os seus ataques sobre Gaza no comezo da súa campaña electoral. Morreron xa 19 palestinos e 3 israelies na peor ofensiva dende 2008.
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca considera "insuficiente" o decreto sobre desafiuzamentos e ve detrás "presións da banca"