
Fálase
- Xavier Vence preside a esta hora a primeira xuntanza da nova Executiva Nacional do BNG
David Bravo explica en El Diario a chamada Lei Lasalle, a proposta do Goberno que penaliza a copia privada e que podería permitir a persecución das páxinas de enlaces
David Reboredo vén de saír do cárcere e vai ingresar no Centro de Inserción Social de Vigo. Máis información, esta mañá en Praza.
"A situación en España é socialmente explosiva", asegura Standard & Poor's, que pide "un consenso social" sobre os axustes aplicados polo Goberno de Mariano Rajoy.
NCG admite que "quizáis" non informaron correctamente sobre as preferentes pero nega que se producira unha estafa. "Fixémolo pensando que estabamos facendo o mellor para os nosos clientes", di o director xeral Juan Díaz Arnau.
O Parlamento de Chipre debate este luns se acepta as esixencias da troika para acceder ao rescate da illa. O partido do prsidente Nikos Anastasiadis non ten maioria absoluta e os partidos da oposición rexeitan a medida e propoñen que Chipre saia da UE.
Alemaña e o FMI querían un castigo máis duro para Chipre e propuxeron quitas do 12% para os aforradores. Paul Krugman cre que a medida alentará a sacar os cartos dos bancos gregos e italianos. Este luns as primas de risco de Italia e España crecen 20 e 25 puntos.
Lanzan un xogo para dispositivos móbiles sobre o caso Bárcenas chamado Dársenas, el tesorero corrupto.
Nuns días publicarase o Volume II da Obra Completa de Roberto Vidal Bolaño e que contén os seguintes títulos: Mar revolto, A burla do galo, Doentes, As actas escuras, Días sen gloria e Agasallos de sombras.
Vén de rematar a XIV Asemblea Nacional do BNG co discurso do novo portavoz nacional, Xavier Vence. Toda a información, esta tarde en Praza.