Alemaña restaura os controis fronteirizos e suspende o tráfico ferroviario con Austria como medida de presión cara ao resto de socios europeos, aos que insta a asumir a cota de acollida de persoas refuxiadas.
Fálase
#CELvLPA O encontro do Celta coa UD Las Palmas remata con empate a 3 goles.
#LUGvUDA O CD Lugo vence 1-0 ao Almería e mantense nos postos altos da Segunda división.
O partido Ribadumia-Boiro convértese este domingo no primeiro da Terceira galega en ser dirixido por un cadro arbitral integramente feminino, segundo destaca a Federación Galega de Fútbol.
Feijóo participa nun novo acto electoral en Catalunya e alerta agora da construción "dun peronismo" por parte de Convergència Democrática. Faino tras considerar a Artur Mas como "inimigo" de Catalunya. Recólleo Economía Digital
Os alcaldes da Coruña e Santiago subscriben un manifesto impulsado polas alcaldesas de Barcelona, París e Lampedusa e mais o rexedor de Lesbos a prol da acollida de persoas refuxiadas en territorio europeo. Nós, as cidades de Europa pode lerse en El País.
Arestora celébranse nas sete cidades concentracións en solidariedade coas persoas refuxiadas, apoiadas por sindicatos, partidos políticos e a Asemblea de Cooperación para a Paz. Na imaxe de @godial, a concentración de Santiago.
Faro de Vigo repasa as tractoradas vividas en Galicia nas últimas tres décadas e os motivos que as provocaron.
Vence advirte de que "a candidatura galega non pode pregarse a facer ministro a Pablo Iglesias". Afírmao nunha entrevista en La Voz
O Burela gaña a Supercopa de fútbol sala feminino tras impoñerse na final ao Atlético Féminas