Competencia acusa a Iberdrola de cobrar subvencións ás renovables por electricidade producida con gas. Cóntao eldiario.es. A compañía xa fora sancionada pola CNMC por manipular o prezo da luz nos seus encoros, entre eles os galegos, e é acusada ao respecto por Anticorrupción na Audiencia Nacional.
Fálase
Pontón insta a Feijóo a aclarar "en que bando está, a favor de Galiza ou de Rajoy e Montoro" no debate sobre o financiamento. A líder do BNG cuestionou o presidente no marco do Consello Nacional da formación nacionalista, celebrado este sábado.
Feijóo carga contra os "partidos onde todo o mundo viste parecido", "desnortados" ou "radicais" e contraponos coa "diversidade" do PPdeG. Afirmouno durante un acto de entrega de carnés a militantes da súa formación, na que, dixo, a mocidade se integra para confrontar o "pensamento único".
Gonzalo Caballero reta a Feijóo a trasladar as súas queixas polo cupo vasco dos "medios de comunicación" á "enriba da mesa de Rajoy". O secretario xeral do PSdeG afirmouno nunha comparecencia conxunta co secretario de Xustiza do PSOE, Andrés Perelló.
O líder do PP en Catalunya aposta por "pechar TV3" e "volvela abrir con xente normal". Foron declaracións de García Albiol nun acto preelectoral que recollen Tot Cerdanyola e mais Vertele.
Puigdemont presenta dende Bélxica as candidaturas de Junts per Catalunya para as eleccións do 21D como "unha proposta de máxima unidade e transversalidade"
O Concello de Vilalba reporá o busto de Fraga desaparecido e despois debaterá se o mantén no mesmo lugar. Cóntao El Progreso
O Goberno central perde o primeiro dos oito recursos que formulou para manter en segredo o seu reparto de publicidade aos medios. Cóntao eldiario.es
Un ataque terrorista mata 270 persoas nunha mesquita do Sinaí exipcio. Recólleo eldiario.es
O pleno da Deputación da Coruña aproba o orzamento de 2018 cos votos a prol de PSdeG, BNG , Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños. O PP votou en contra das contas, que roldan os 179 millóns de euros.