Puigdemont presenta dende Bélxica as candidaturas de Junts per Catalunya para as eleccións do 21D como "unha proposta de máxima unidade e transversalidade"
Fálase
O Concello de Vilalba reporá o busto de Fraga desaparecido e despois debaterá se o mantén no mesmo lugar. Cóntao El Progreso
O Goberno central perde o primeiro dos oito recursos que formulou para manter en segredo o seu reparto de publicidade aos medios. Cóntao eldiario.es
Un ataque terrorista mata 270 persoas nunha mesquita do Sinaí exipcio. Recólleo eldiario.es
O pleno da Deputación da Coruña aproba o orzamento de 2018 cos votos a prol de PSdeG, BNG , Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños. O PP votou en contra das contas, que roldan os 179 millóns de euros.
O Goberno central propón a Julián Sánchez Melgar como novo fiscal xeral do Estado. Sánchez Melgar é doutor en Dereito pola Universidade da Coruña e no seu currículo recente destaca ser relator da 'doutrina Parot'.
O PP aférrase á 'doutrina Botín' para tentar evitar sentar no banco dos acusados pola destrución dos ordenadores de Bárcenas, causa na que o partido segue procesado como persoa xurídica.
O BNG desprega unha pancarta na Catedral de Santiago para esixir a devolución das figuras do Mestre Mateo incautadas polos Franco. O Bloque xa formulara outras iniciativas a prol desta reivindicación, que o Concello compostelán canaliza tamén a través dunha demanda xudicial formalizada esta semana. A petición tamén suscitou a unanimidade no Parlamento galego en torno a unha iniciativa de En Marea.
Europa pon en evidencia a España ao cualificar de "crítico" o seu nivel de desigualdade. Tan só Romanía e Bulgaria teñen unha maior desigualdade, segundo un informe da Comisión Europea, que tamén critica o importante abandono escolar.
O BNG lembra a expulsión en 1982 de tres deputados nacionalistas do Parlamento hai hoxe 35 anos e lanza un vídeo, avance do documental que rememora aquel "feito histórico" que involucrou a Bautista Álvarez, Lois Dieguez e Claudio López Garrido.