Europa pon en evidencia a España ao cualificar de "crítico" o seu nivel de desigualdade. Tan só Romanía e Bulgaria teñen unha maior desigualdade, segundo un informe da Comisión Europea, que tamén critica o importante abandono escolar.
Fálase
O BNG lembra a expulsión en 1982 de tres deputados nacionalistas do Parlamento hai hoxe 35 anos e lanza un vídeo, avance do documental que rememora aquel "feito histórico" que involucrou a Bautista Álvarez, Lois Dieguez e Claudio López Garrido.
O alcalde da Coruña "estuda accións legais" contra o PP local por "difamar" o Concello co envío de panfletos á veciñanza da cidade nos que acusa o goberno de "adxudicar a dedo" a xestión do vello cárcere da cidade. "Se teñen algo que dicir da adxudicación dos usos do edificio, deberían facelo nos xulgados", sinala Xulio Ferreiro, quen reitera a "legalidade e transparencia" do expediente do proceso de cesión de espazos.
VÍDEO | Así soa A Rianxeira nas voces de nenas e nenos de Senegal. O vídeo foi realizado pola ONG Health for Africa, que ten a enfermeira viguesa María Lago entre as súas impulsoras, co obxectivo de pedir apoios para o seu labor humanitario, que explican na súa web
A Fiscalía abre a porta a recorrer a factura pola catástrofe do Prestige. A decisión final será dos fiscais do Tribunal Supremo logo de que a Audiencia da Coruña reducise as compensacións reclamadas pola Fiscalía dos 4.300 millóns a pouco máis de 1.600.
Tan só o 25% dos españois aposta por un referendo pactado como solución para o conflito catalán fronte ao case 50% entre os cataláns. Son os datos dunha enquisa para a Cadena SER.
Tres incendios forestais afectan a Ribadeo, Friol e Xermade; o forte vento dificulta a súa extinción. Cóntao El Progreso
Avariado en Oza dos Ríos o tren A Coruña-Lugo-Monforte. Renfe prevé que a locomotora enviada para socorrelo tardará unha hora e dez minutos. As avarías son frecuentes nesa liña, para a que se veñen reclamando melloras.
A filla do Minotauro, de Marilar Aleixandre, XI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil. A escritora e bióloga gaña o certame que convoca a Deputación da Coruña e ao que se presentaron 48 obras, o dobre que o ano pasado.
PP e Ciudadanos tomban os orzamentos de Ferrol para 2017, primeiro do actual mandato. PSOE, BNG e a concelleira non adscrita abstivéronse, pero os sete votos a favor de Ferrol en Común non puideron cos 12 que suman populares e C's.