A filla do Minotauro, de Marilar Aleixandre, XI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil. A escritora e bióloga gaña o certame que convoca a Deputación da Coruña e ao que se presentaron 48 obras, o dobre que o ano pasado.
Fálase
PP e Ciudadanos tomban os orzamentos de Ferrol para 2017, primeiro do actual mandato. PSOE, BNG e a concelleira non adscrita abstivéronse, pero os sete votos a favor de Ferrol en Común non puideron cos 12 que suman populares e C's.
O Goberno central asume que o novo financiamento autonómico tampouco vai ser aprobado este ano. Isto implica teimar no incumprimento da lei que regula o financiamento das autonomías, segundo a cal o novo modelo tería que estar en vigor dende 2014.
ÚLTIMA HORA | A xuíza Lamela entrega a causa contra o Govern catalá ao Supremo. Resolve en contra do criterio da Fiscalía, que pedira que o proceso seguise na Audiencia Nacional.
Os transportistas rexeitan a reforma de Fomento que pode eliminar 7.000 autónomos. O regulamento obriga a ter polo menos tres camións para poder traballar e o 80% do sector ten un só vehículo.
Berizzo, ex-técnico do Celta, sofre cancro de próstata. Terá que pasar polo quirófano e recibir tratamento nos vindeiros días. O Sevilla, actual club do adestrador, vén de emitir un comunicado sobre a súa situación médica.
Estíbaliz Espinosa gaña a XV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia. O xurado estivo formado por Berta Dávila, María Neves Soutelo, Mario Regueira, Xabier Castro Martínez e Luís González Tosar
Xunta e universidades adiantan a convocatoria de setembro da selectividade a xullo. Comezará a aplicarse ao alumnado que estea matriculado en 2º de Bacharelato durante o próximo curso 2018-19.
Difunden un vídeo de denuncia do novo spot da campaña institucional da Xunta polo 25 de novembro ("Non son flores, son mulleres"). A peza crítica limítase a dicir que "Rosa, margarida, violeta, hortensia... son flores, non mulleres. Contra a cousificación das mulleres: Fala, denuncia, actúa". "Somos quen de reinventar o discursos reapropiándonos das campañas que pagamos todas", destacan.
A petición de ilegalización da Fundación Franco chega á Eurocámara. Vén de ser entregada á eurodeputada Tatjana Ždanoka, membro da comisión de peticións, pola voceira do BNG no Parlamento comunitario, Ana Miranda, e a edil de Benestar do Concello de Sada, Isabel Reimúndez. A petición inicia así a súa tramitación e será valorado se a actividade da fundación colide coa normativa da UE.