Estíbaliz Espinosa gaña a XV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia. O xurado estivo formado por Berta Dávila, María Neves Soutelo, Mario Regueira, Xabier Castro Martínez e Luís González Tosar

Estíbaliz Espinosa gaña a XV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia. O xurado estivo formado por Berta Dávila, María Neves Soutelo, Mario Regueira, Xabier Castro Martínez e Luís González Tosar
Xunta e universidades adiantan a convocatoria de setembro da selectividade a xullo. Comezará a aplicarse ao alumnado que estea matriculado en 2º de Bacharelato durante o próximo curso 2018-19.
Difunden un vídeo de denuncia do novo spot da campaña institucional da Xunta polo 25 de novembro ("Non son flores, son mulleres"). A peza crítica limítase a dicir que "Rosa, margarida, violeta, hortensia... son flores, non mulleres. Contra a cousificación das mulleres: Fala, denuncia, actúa". "Somos quen de reinventar o discursos reapropiándonos das campañas que pagamos todas", destacan.
A petición de ilegalización da Fundación Franco chega á Eurocámara. Vén de ser entregada á eurodeputada Tatjana Ždanoka, membro da comisión de peticións, pola voceira do BNG no Parlamento comunitario, Ana Miranda, e a edil de Benestar do Concello de Sada, Isabel Reimúndez. A petición inicia así a súa tramitación e será valorado se a actividade da fundación colide coa normativa da UE.
O DOG publica o nomeamento do rei emérito Juan Carlos como embaixador do Camiño, acordado pola Xunta o pasado venres, cando Feijóo salientou que “pasa bastantes tempadas en Galicia”. É o cuarto receptor, tras o daquela príncipe Felipe, Vicente del Bosque e Mariano Rajoy, dunha distinción que o Goberno galego engadiu ás varias que xa tiña creadas pero deu de lado.
Galicia sitúase á cola da recuperación do emprego destruído durante a crise. Conta con 143.000 traballadores menos e acumula, xunto a Extremadura, aínda un recorte do 12% de ocupación.
O Ministerio de Facenda permitiu a Jaén saltarse as regras orzamentarias polas que interveu Madrid. Fíxoo "excepcionalmente" malia que non cumpría cos axustes requiridos.
Barcelona, eliminada das votacións para acoller a Axencia Europea do Medicamento, que o presidente Feijóo quería traer a Galicia. Milán, Amsterdam e Copenhague son as finalistas.
Expulsan do Parlamento a veciños de Rianxo que reclamaban un centro de día para a súa vila. O pasado verán iniciaran un encerro e en setembro xa se desprazaran ata a Cámara galega, onde a oposición acusa os populares de planificar mal os servizos sociais e primar concellos onde goberna o propio PP.
Ás 15.00 horas comeza en Bruxelas a xornada de debate O franquismo despois de Franco, da que dará conta Praza.gal e que se pode seguir en directo nesta ligazón. Está organizada por BNG, Bildu, Compromís e ERC.