O DOG publica o nomeamento do rei emérito Juan Carlos como embaixador do Camiño, acordado pola Xunta o pasado venres, cando Feijóo salientou que “pasa bastantes tempadas en Galicia”. É o cuarto receptor, tras o daquela príncipe Felipe, Vicente del Bosque e Mariano Rajoy, dunha distinción que o Goberno galego engadiu ás varias que xa tiña creadas pero deu de lado.
