Barcelona, eliminada das votacións para acoller a Axencia Europea do Medicamento, que o presidente Feijóo quería traer a Galicia. Milán, Amsterdam e Copenhague son as finalistas.

Barcelona, eliminada das votacións para acoller a Axencia Europea do Medicamento, que o presidente Feijóo quería traer a Galicia. Milán, Amsterdam e Copenhague son as finalistas.
Expulsan do Parlamento a veciños de Rianxo que reclamaban un centro de día para a súa vila. O pasado verán iniciaran un encerro e en setembro xa se desprazaran ata a Cámara galega, onde a oposición acusa os populares de planificar mal os servizos sociais e primar concellos onde goberna o propio PP.
Ás 15.00 horas comeza en Bruxelas a xornada de debate O franquismo despois de Franco, da que dará conta Praza.gal e que se pode seguir en directo nesta ligazón. Está organizada por BNG, Bildu, Compromís e ERC.
Falece aos 59 anos Ángel Gómez Hervada, director de Radio Coruña.
Dhogs gaña o místico de oro na sección de longametraxes do festival Algeciras Fantástika. O filme galego, dirixido por Andrés Goteira, suma este galardón aos recibidos nos festivais Split de Croacia e Nocturna de Madrid. Ademais, foi a primeira película rodada en galego incluída na sección oficial de Sitges.
O DOG publica os decretos que declaran bens de interese cultural o mural de Lugrís Vista da Coruña 1669 e o castro de Fazouro. A pintura foi trasladada á sede de Abanca, que a rehabilitou, mentres que o castro viña sufrindo diversos ataques.
A dereita de Piñera e o centro-esquerda de Guiller pasan á segunda volta das eleccións en Chile. Enfrontaranse nas urnas o 17 de decembro para decidir o sucesor de Michelle Bachelet.
O independentismo mantería a maioría absoluta e o PSC dispararíase nas eleccións catalás segundo unha enquisa para El Periódico. O PP sería a forza con menos escanos no Parlament e ERC gañaría as eleccións.
Policías municipais insultan e ameazan a Carmena nun chat: "Oxalá teña unha morte lenta e agónica". As conversas están incorporadas a unha denuncia presentada por un axente.
Chile celebra eleccións presidenciais este domingo e tamén renovará as súas cámaras lexislativas. O empresario conservador Sebastián Piñera (presidente entre 2010 e 2014) é o gran favorito, pero probablemente necesitará unha segunda volta. Os comicios están marcados polo desinterese da poboación e espérase unha elevada abstención.