Chile celebra eleccións presidenciais este domingo e tamén renovará as súas cámaras lexislativas. O empresario conservador Sebastián Piñera (presidente entre 2010 e 2014) é o gran favorito, pero probablemente necesitará unha segunda volta. Os comicios están marcados polo desinterese da poboación e espérase unha elevada abstención.
Fálase
Luis Navajas será o substituto provisional de José Manuel Maza á espera dun nomeamento no que deben participar o Rei, o Goberno e o Parlamento
A Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) pide cambiar a "lamentable" estrutura tarifaria da auga en moitos concellos, que "non está pensada para incentivar o aforro"
O 19 de novembro de 1933 as mulleres votaron por primeira vez en España, nas segundas eleccións xerais da Segunda República
Matria, dirixida por Álvaro Gago, obtivo este sábado o premio á mellor curta e á mellor interpretación feminina no Festival Internacional de Cine de Alcalá de Henares. A peza, que xa fora galardoada na Seminci de Valladolid, relata a vida de Ramona, traballadora nunha conserveira, e pretende "desmitificar a idea de que Galicia é un matriarcado"
Milleiros de persoas maniféstanse en Madrid en demanda dun "tren digno" para Estremadura e de máis investimentos para esta comunidade, unha das máis pobres do Estado
Morre o fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, que fora ingresado este sábado en Bos Aires tras sentirse indisposto cando participaba nunha xuntanza pública. Desde o seu nomeamento hai un ano, Maza viuse envolto en numerosas polémicas. En Galicia, en marzo amosárase aberto a crear unha Fiscalía Anticorrupción, que o PP ve innecesaria.
Vilalba Aberta esixe coñecer o custo que lle suporá á poboación a reposición do busto de Fraga. Cualifica de "indignante que os cartos dos veciños/as financien caprichos partidistas" e pide "altura de miras e normalidade democrática". A formación levará unha proposta ao pleno para demandar o traslado da instalación ás dependencias da Fundación Manuel Fraga
A partir das 17 horas unha manifestación, convocada por 20 entidades de toda Galicia, protestará en Compostela contra "a destrución da sanidade pública galega"
Os bancos perdoáronlle débedas a partidos políticos incumprindo a obriga de informar ao Banco de España. O gobernador da entidade, Luis María Linde, recoñece no Senado que durante unha década non recibiu a información que marca a lei