Milleiros de persoas maniféstanse en Madrid en demanda dun "tren digno" para Estremadura e de máis investimentos para esta comunidade, unha das máis pobres do Estado
Fálase
Morre o fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, que fora ingresado este sábado en Bos Aires tras sentirse indisposto cando participaba nunha xuntanza pública. Desde o seu nomeamento hai un ano, Maza viuse envolto en numerosas polémicas. En Galicia, en marzo amosárase aberto a crear unha Fiscalía Anticorrupción, que o PP ve innecesaria.
Vilalba Aberta esixe coñecer o custo que lle suporá á poboación a reposición do busto de Fraga. Cualifica de "indignante que os cartos dos veciños/as financien caprichos partidistas" e pide "altura de miras e normalidade democrática". A formación levará unha proposta ao pleno para demandar o traslado da instalación ás dependencias da Fundación Manuel Fraga
A partir das 17 horas unha manifestación, convocada por 20 entidades de toda Galicia, protestará en Compostela contra "a destrución da sanidade pública galega"
Os bancos perdoáronlle débedas a partidos políticos incumprindo a obriga de informar ao Banco de España. O gobernador da entidade, Luis María Linde, recoñece no Senado que durante unha década non recibiu a información que marca a lei
Centos de gandeiros maniféstanse en Compostela convocados por Unións Agrarias, en demanda de políticas activas en defensa do rural galego
Mareas municipalistas de toda Galicia celebran este sábado en Ourense unha xornada de traballo para preparar as eleccións de 2019. Nas mesas de traballo e palestras participan, entre outros, os alcaldes da Coruña e Compostela, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega
Centos de veciños e veciñas de Teis e Chapela, en Vigo e Redondela, manifestáronse este venres para esixir a supresión da peaxe da AP9 en Rande, a redución da contaminación acústica e que o treito sexa urbano.
A Autoridade Portuaria da Coruña oponse a que o Concello recualifique a Solana como solo público. Alegou ante a Xunta que o Goberno municipal quere forzar o Porto para que entregue o predio á cidade.
Manifestacións en toda España -a máis importante en Madrid- protestaron contra o cuestionamento da vítima da violación masiva de Pamplona e o tratamento mediático e reclamaron un xuízo xusto