Manifestacións en toda España -a máis importante en Madrid- protestaron contra o cuestionamento da vítima da violación masiva de Pamplona e o tratamento mediático e reclamaron un xuízo xusto
Fálase
A ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal, cae na broma telefónica duns humoristas rusos que facéndose pasar por persoal do Ministerio de Defensa de Letonia a convencen de que Puigdemont é un espía ao servizo de Rusia.
A simetría das bestas, de Alberto Ramos, Premio Vicente Risco. O escritor e xornalista compostelán, colaborador de Praza.gal, xa gañara o mesmo premio en 2012 con Todos os días. O xurado salienta o “corte filosófico” da obra que concede “espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados”.
O Supremo ratifica a condena de Socorro Cea, ex-alcaldesa de Melide polo BNG, por prevaricación e falsidade en documento oficial na execución dunha depuradora. Con ela foi condenado o arquitecto municipal por certificar en 2009 que a obra estaba máis avanzada da realidade para evitar perder unha subvención da Xunta.
“Ten unha longa experiencia e sabe de primarias e de eleccións”, eloxia Feijóo a Pachi Vázquez ante o anuncio do socialista de que volve á primeira liña política e competirá por dirixir o PSdeG en Ourense.
A Xunta publica no DOG a contratación por 51 millóns dos seus helicópteros de salvamento marítimo á mesma empresa á que llos vendera previamente. Babcock é a compañía na que se integrou Inaer, a mesma cuxas adxudicacións en materia de incendios manteñen imputado a Tomás Fernández-Couto, o máximo responsable da política forestal da Xunta.
A Xunta nomea Embaixador do Camiño de Santiago o Rei emérito Juan Carlos, do que Feijóo salienta que “pasa bastantes tempadas en Galicia”. É o cuarto receptor, tras o daquela príncipe Felipe, Vicente del Bosque e Mariano Rajoy, dunha distinción que o Goberno galego engadiu ás varias que xa tiña creadas pero deu de lado.
O imán de Ripoll, considerado cerebro dos atentados de agosto en Catalunya, foi confidente do Centro Nacional de Inteligencia. Segundo a información que publica El País, os servizos secretos do Estado captárono mentres estaba preso en Castellón.
O economista Antón Costas critica que a mellora económica non se estea a traducir en melloras laborais. Costas reflexionou este xoves en Santiago sobre diversas cuestións económicas, políticas e sociais, como xa fixera devagar hai uns meses nesta entrevista en Praza.gal
Kiss e Scorpions, entre as primeiras bandas confirmadas para o Resurrection Fest de Viveiro, que en 2018 se celebrará do 11 ao 14 de xullo.