Vilalba Aberta esixe coñecer o custo que lle suporá á poboación a reposición do busto de Fraga. Cualifica de "indignante que os cartos dos veciños/as financien caprichos partidistas" e pide "altura de miras e normalidade democrática". A formación levará unha proposta ao pleno para demandar o traslado da instalación ás dependencias da Fundación Manuel Fraga
