Morre o fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, que fora ingresado este sábado en Bos Aires tras sentirse indisposto cando participaba nunha xuntanza pública. Desde o seu nomeamento hai un ano, Maza viuse envolto en numerosas polémicas. En Galicia, en marzo amosárase aberto a crear unha Fiscalía Anticorrupción, que o PP ve innecesaria.
