O BNG desprega unha pancarta na Catedral de Santiago para esixir a devolución das figuras do Mestre Mateo incautadas polos Franco. O Bloque xa formulara outras iniciativas a prol desta reivindicación, que o Concello compostelán canaliza tamén a través dunha demanda xudicial formalizada esta semana. A petición tamén suscitou a unanimidade no Parlamento galego en torno a unha iniciativa de En Marea.
