Feijóo asegura, durante un acto electoral sobre pesca, que "un pescador" o alertou de que as pescadas poderían "chegar ás praias e morderlle á xente" se non son pescadas "masivamente", informa Antena 3.
Fálase
Feijóo asegura, durante un acto electoral sobre pesca, que "un pescador" o alertou de que as pescadas poderían "chegar ás praias e morderlle á xente" se non son pescadas "masivamente", informa Antena 3.
O CD Lugo logrou este sábado unha importante vitoria por 2-1 ante o Murcia. Esta semana non hai xornada en Primeira división.
As sociedades coas que as grandes fortunas españolas xestionan os seus cartos seguen a medrar malia á crise. Algunhas, máis dun 50%. En El Diario.
Tamén é domingo de enquisas en Euskadi e Catalunya. El Correo di que o PNV vencería nas eleccións vascas, con EH-Bildu como segunda forza. La Vanguardia debuxa un escenario con CiU ao bordo da maioría absoluta.
As aspiracións soberanistas catalás seguen a ocupar parte das portadas da prensa impresa deste domingo. En El Mundo, o ministro de Educación reafírmase na súa intención de "españolizar" o alumnado catalán.
Pachi Vázquez insta a Rajoy e mais ao presidente electo de México, Peña Nieto, a "amosar" os contratos de Pemex para así disipar todas as dúbidas ao respecto.
O PP repite a estratexia de campaña de 2009 e envía a Mariano Rajoy a pequenas localidades do interior. A esta hora atópase no interior dun bar en Baralla, na montaña luguesa. (foto de @RicardRguez)
O cabeza de lista de CxG por Pontevedra, Rafael Cuiña, denuncia os impedimentos do Concello do Grove para un acto de campaña da formación, malia ter "o permiso" correspondente
O grupo Os da Ría está xa inmerso na gravación do seu retranqueiro Disco díscolo. Esta tarde trasladan ao estudio a algúns dos seus fans para que participen na realización dalgúns dos temas e veñen de amosar un vídeo co inicio dos traballos.