BNG, PSdeG e as centrais sindicais arremeten contra a xestión industrial da Xunta tras coñecer os malos datos de produción coñecidos este mércores. A oposición fala dunha "lexislatura de retroceso total" e se pregunta "onde está o Igape"?
Fálase
Tras a súa renuncia á portavocía parlamentaria do BNG, Carlos Aymerich tramitou esta mañá o seu reingreso como profesor de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña
Mañá A Mesa pola Normalización Lingüística presenta na Coruña os apoios ao manifesto Queremos xustiza para a nosa lingua. Non á criminalización da súa defensa! O documento apoia ao presidente da entidade, Carlos Callón, que será xulgado o venres por criticar que o xuíz decano da Coruña incumprise a Lei de Normalización Lingüística
O PSdeG pide amparo á presidenta do Parlamento polo veto do PP á investigación sobre Novagalicia Banco
O socialista Francisco Cerviño acusa no Parlamento á Xunta de tentar "utilizar" a figura de Díaz Pardo ao tempo que procura "baleirala de contido" político; cre que Feijóo se amosa como un "inútil reaccionario" neste asunto.
Galicia foi a segunda comunidade do Estado con peores datos do Índice de Produción Industrial, na súa media anual (-7,1%). Así o vén de adiantar o Instituto Nacional de Estadística (INE)
Día importante para Grecia. Ten que decidir se se volve someter ás esixencias da troika ou abandona a moeda única. Xornada que se produce tras coñecer que, debido á austeridade e á recesión, a recadación de taxas foi calamitosa en xaneiro. Cóntao o diario Ekathimerini
Continúan as asembleas informativas das división sindicais da Función Pública para preparar as mobilizacións contra o anteproxecto de lei convocada pola Xunta. Ás doce do mediodía hai unha concentración de delegados en San Caetano. Medra a confilitivade social antes da folga xeral xa convocada pola CIG para marzo, aínda sen data
O servizo de estudos do BBVA prognostica unha recesión do 1,3% para este ano no conxunto do Estado. Segundo a súa estimación a destrución de emprego vai seguir acelerándose
Rajoy, ante o Congreso por primeira vez como presidente, asegura que a situación do paro é "crítica" e avanza que os rexistros do desemprego "van empeorar" en 2012