O PP non admitirá a trámite a iniciativa lexislativa popular contra os desafiuzamentos que vén de entrar no Congreso dos Deputados. Cóntao El Diario
Fálase
O xuíz Pablo Ruz investiga se vinte e tres imputados no caso Gürtel se acolleron á amnistía fiscal do Goberno central. Cóntao El País.
O xuíz cita a Bárcenas para o día 25 tras atopar unha nova conta en Suíza. O ex tesoureiro do PP declarará xa mañá sobre a suposta contabilidade irregular do partido.
O diario El País entregoulle esta mañá á Fiscalía os "papeis de Bárcenas" que publicou. A Policía Xudicial acudiu á redacción do xornal á procura desta información.
A Xunta de Portavoces do Parlamento finalizou sen acordos concretos sobre a orde nas tribunas de convidados, pero si con propostas verbais da presidenta. Toda a información, esta tarde en Praza.
A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos acorda mobilizacións para o 21 de febreiro en todas as cidades.
- Esténdese xa durante case dúas horas a reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento, na que se abordan as normas de acceso da cidadanía aos plenos
O conselleiro de Economía non recibe os traballadores do naval e emprázaos para este mércores. Os operarios consideran "unha tomadura de pelo" a actitude da Xunta, tras pecharlle as portas da súa sede.
Manuel Baltar presentou onte máis de 3.000 avais para optar á reelección na presidencia do PP de Ourense. Ata as 13:30 de hoxe non se saberá se, finalmente, haberá algunha candidatura alternativa. En La Región
O Ministerio de Facenda nomea un equipo para tentar paralizar os beneficios da amnistía fiscal aos que se acolleu Luis Bárcenas. Cóntao El País