O conselleiro de Economía non recibe os traballadores do naval e emprázaos para este mércores. Os operarios consideran "unha tomadura de pelo" a actitude da Xunta, tras pecharlle as portas da súa sede.
Fálase
Manuel Baltar presentou onte máis de 3.000 avais para optar á reelección na presidencia do PP de Ourense. Ata as 13:30 de hoxe non se saberá se, finalmente, haberá algunha candidatura alternativa. En La Región
O Ministerio de Facenda nomea un equipo para tentar paralizar os beneficios da amnistía fiscal aos que se acolleu Luis Bárcenas. Cóntao El País
Traballadores do naval ferrolán acoden a Compostela para forzar unha reunión coa Xunta. Delegados de estaleiros e empresas auxiliares maniféstanse ante San Caetano para reclamar unha xuntanza co Goberno galego. Imaxe de @ccoogalicia.
Novagalicia Banco mellora a oferta de indemnización do ERE e diminuír algo o número de despidos a cambio de redución de xornada.
Bárcenas négao todo, di que o caderno con supostos pagos en B "non existe" e que a letra non é súa. Asegura que os 22 millóns da conta en Suíza débense a plusvalías xeradas polos seus negocios.
O alcalde de Carballiño, Argimiro Marnotes, imputado na Pokemon, di que "non teño nada polo que dimitir" e afirma ser vitima dunha "vendetta" de Vendex. Reconoce que Vendex acondicionou xardín da súa casa e ainda non lle pagou polo seu traballo "porque non presentou factura"
A alcaldesa de Vilamartín, María Jesusa Candal, que accedeu ao cargo hai unhas semanas a través dunha moción de censura, comeza a súa xestión restándolle competencias ao pleno
Máis de 19.500 estudantes da UDC elixen este martes os seus representantes no Claustro e Xuntas de Facultade. O sistema de voto será electrónico
O secretario da Deputación de Ourense ratifica que Baltar saltou a lei nos seus 104 contratos e non houbo control previo