Os profesores volven a clase en Baleares pero non aplicarán o decreto trilingüe. Regresan ás escolas logo de tres semanas de folga.
Fálase
Unha explosión provoca danos materiais no Concello de Beade. Os feitos tiveron lugar ás catro da mañá e polo de agora descoñécese a súa orixe.
51 mortos en Exipto en enfrontamentos entre os Irmáns Musulmáns, forzas de seguridade e partidarios do exército.
Rematou a xornada na Terceira galega. O Arousa sitúase como líder en solitario, por diante de Ordes e Cerceda
Cerceda 0-0 Choco
Laracha 2-0 Pontevedra
Alondras 1-1 Rápido de Bouzas
Betanzos 1-1 Deportivo B
As Pontes 0-2 Barbadás
Grixoa 0-2 Somozas
Bertamiráns 1-0 Negreira
Arousa 2-1 Ordes
Racing Vilalbés 1-0 Dorneda
Cultural Areas 0-1 BoiroO Lugo caeu derrotado ante o Castilla (2-0) na oitava xornada da Segunda División. Rematou tamén a xornada na 2ªB: vitoria do Ourense ante o Burgos (3-1), que lle permite meterse en postos de play-off de ascenso. Empates do Compostela (2-2 ante a Cultural Leonesa) e do Rácing de Ferrol (2-2 ante o Guijuelo). E clara derrota do Celta B (6-0) ante o líder Zamora.
Stop Desafiuzamentos, Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e a Asociación Ve-la Luz convocan unha concentración este luns ás dez da mañá en Cabanas en apoio de Sandra, unha muller á que queren desaloxar da súa vivenda, xunto co seu fillo de tres anos
Ao redor de dúas mil persoas participaron este domingo na manifestación convocada pola Asociación Monte Pindo para demandar unha nova política forestal e unha maior protección para os espazos naturais
O grupo de expertos da OPAQ (Organización para a Prohibición das Armas químicas) comezou o proceso de destrución das armas químicas de Siria
O Celta cae 2-1 ante o Atlético de Madrid, que se mantén en cabeza da Liga xunto co Barcelona. Diego Costa (2) e Nolito anotaron os goles
A manifestación convocada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural para pedir unha nova política forestal e unha maior protección para os espazos naturais xa se atopa na Praza da Quintana, lendo o seu comunicado final