O goberno local de Pontevedra acorda recorrer a prórroga de ENCE ante a Audiencia Nacional. Faino despois de que o Ministerio de Medio Ambiente non respondese ao requerimento ao respecto formulado dende o Concello.
Fálase
Leiceaga reclámalle á Xunta "máis información" sobre o futuro de Alcoa e lembra, ante a posibilidade de venda das factorías, que a empresa sempre contou con axudas públicas. Afirmouno durante unha visita á fábrica da metalúrxica en San Cibrao.
O BNG presenta a súa web de campaña para as xerais, con información e material gráfico da formación nacionalista
O Banco de España, formalmente acusado de prevaricación pola caída das caixas de aforro. Cóntao en exclusiva o diario Ara
Unha filtración masiva de datos ligados a "grandes fortunas, funcionarios e empresas" comezará a ser publicada este martes en eldiario.es, La Marea e Diagonal, que avanzan aquí en que consistirá a información.
O pacto de PSOE e Podemos é o preferido entre o electorado galego para gobernar tras o 26-X, segundo unha enquisa de La Voz segundo a que, non obstante, ningún acordo superaría o 20% de apoio cidadán.
As duras referencias a Venezuela e Siria marcan o debate entre Iglesias e Rivera en laSexta, máis tenso que o que mantiveran os líderes de Podemos e Ciudadanos na mesma canle antes das eleccións do 20-D
Máis de 24.000 persoas votaron xa nas consultas pola independencia organizadas en 34 concellos de Euskadi. Gure Esku Dago organiza estes referendos en varias localidades vascas.
Alberto Garzón, elixido líder de IU, defende a identidade da súa formación pero tamén a necesidade dun acordo con Podemos. O novo coordinador federal de IU chama a "parar o fascismo e o seu pai, o capitalismo neoliberal".
Yolanda Díaz cre que sería "unha tolemia" non ir en confluencia ás autonómicas. A coordinadora de EU non entendería que as organizacións de En Marea non acudisen unidas aos comicios galegos. Díxoo nunha entrevista en RNE.