Prolingua faise eco da curiosa rotulación bilingüe dun pavillón polideportivo en Baiona ao que acudiu Feijóo xunto ás autoridades locais
Fálase
Ás 12:00 parte da Alameda de Santiago a manifestación contra o copagamento farmacéutico. Toda a información, hoxe en Praza.
O PP perde un terzo dos seus votos pero segue por diante do PSOE no Estado, segundo unha sondaxe de El Mundo que sinala ademais a importancia de UPyD e IU para a conformación de maiorías no Congreso.
O Obradoiro caeu por 70-102 ante o Valencia no Fontes do Sar. O Breogán, pola súa banda, impúxose por 57-50 ao Huesca.
O senador López Veiga, conselleiro de Pesca con Fraga, asegura en La Voz que "o que fixo a oposición" tras a traxedia do Prestige "foi unha canallada".
A Xunta desmantela o servizo de transporte adaptado para persoas dependentes ou con discapacidade, creado polo bipartito. Cóntao El País.
O CD Lugo imponse por 0-2 á Ponferradina e mantense nos postos de privilexio da segunda división. O equipo galego estivo acompañado no Toralín por un bo número de siareiros e siareiras desprazados dende a cidade da Muralla. #derbidosancares
Anova reúnese en Pamplona con EH-Bildu para "explorar unha unidade de acción das forzas nacionalistas e das esquerdas rupturistas" de cara ás eleccións europeas. A delegación, encabezada por Xosé Manuel Beiras, reuniuse en días pasads coas CUP catalás e con Compromís, en Valencia.
O BNG reclama formalmente que a Comisión Europea "valore" se o resultado do xuízo do Prestige "se axusta á normativa comunitaria". A través de Ana Miranda os nacionalistas preguntan como avalía o Executivo comunitario que "ninguén teña que asuimir responsabilidades polas consecuencias do maior desastre ambiental de Galiza".
Condenan un home por inxuriar unha xornalista a través de Twitter. Cóntao a Cadena SER