O BNG reclama formalmente que a Comisión Europea "valore" se o resultado do xuízo do Prestige "se axusta á normativa comunitaria". A través de Ana Miranda os nacionalistas preguntan como avalía o Executivo comunitario que "ninguén teña que asuimir responsabilidades polas consecuencias do maior desastre ambiental de Galiza".
