De Guindos prevé ter vendida Novagalicia Banco nun mes. Cóntao El País
Fálase
Comezan as concentracións convocadas por Nunca Máis en protesta pola sentenza do xuízo do Prestige. Na imaxe, a de Vigo.
Iniciativa per Catalunya Verds levará a sentenza do Prestige ante a Comisión Europea. O eurodeputado Raül Romeva destaca que a sentenza "prexudica a prevención dos accidentes mariños, non repara o dano causado ás vítimas e demostra que en España hai impunidade ante os delitos ecolóxico"
O PSdeG anuncia que se suma ás concentracións convocadas por Nunca Máis para este serán. AGE e BNG xa amosaron o seu apoio ás mobilizacións da plataforma.
CC.OO. e CIG convocan unha folga na sanidade pública galega os vindeiros 9 e 10 de decembro. Nos últimos meses foron numerosas as denuncias sobre as externalizacións do Sergas, a destrución de emprego e a non reposición de xubilacións ou o copago
Esta mañá o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reúnese en San Caetano co presidente da Xunta.
O Goberno central advertirá por carta as persoas propietarias de coches de máis de dez anos de que teñen máis risco de morrer. Cóntao El País
Madrid tamén acollerá unha das concentracións convocadas por Nunca Máis para protestar esta tarde contra a sentenza do Prestige. Será ás 20:30 na Praza de Lavapiés.
O xuíz que instrúe a causa do accidente de Angrois mantén a posibilidade de que houbese carencias de seguridade na zona. O maxistrado insta a Adif a achegar documentación que aclare aspectos alén dos "obvios", isto é, do factor humano. En Galiciaé
O Goberno central adía a súa contrarreforma da lei do aborto ata febreiro. Mentres, os grupos contrarios ao dereito á interrupción voluntaria do embarazo preparan mobilizacións para presionar o gabinete de Rajoy. En El Diario