O xuíz que instrúe a causa do accidente de Angrois mantén a posibilidade de que houbese carencias de seguridade na zona. O maxistrado insta a Adif a achegar documentación que aclare aspectos alén dos "obvios", isto é, do factor humano. En Galiciaé
Fálase
O Goberno central adía a súa contrarreforma da lei do aborto ata febreiro. Mentres, os grupos contrarios ao dereito á interrupción voluntaria do embarazo preparan mobilizacións para presionar o gabinete de Rajoy. En El Diario
Dimite un concelleiro do PP da Illa de Arousa tras ser condenado por contrabando de tabaco. En Faro de Vigo
Institucións francesas afectadas polo Prestige organízanse para demandar o Estado español. Cóntao El País
A plataforma Nunca Máis estrea perfís nas redes sociais tras a sentenza do Prestige. Nun só día xa supera os 5.000 siareiros e siareiras en Facebook e achégase ao medio milleiro de seguidores e seguidoras en Twitter.
Kepa Junkera lanza o vídeo promocional do seu novo disco, Galiza, gravado xunto a artistas do país e que presentará no vindeiro Culturgal.
Alcaldes contra o copago farmacéutica volven intentar sen éxito reunirse con Feijóo para lle solicitar que non aplique este repago en Galicia. O rexedor de Riotorto insiste en que agarda que o presidente "non queira ser cómplice da morte dos seus compatriotas".
Crean unha petición en Change.org para que o Reino Unido incorpore Galicia ao seu territorio se Escocia acada a independencia no 2014. Recólleo Disquecool
A oposición recibirá este xoves a información sobre os contratos de Marcial Dorado, segundo lle aseguran dende o Parlamento a Europa Press.
Xuíces para a Democracia subliña, tras a sentenza do Prestige, que o ditame "nada decide" a nivel político "porque nada pode decidir". "O erro na decisión técnica ou nas prioridades no momento da súa adopción pode non supoñer responsabilidade penal pero debería supoñer a asunción de responsabilidades políticas", din. Máis información sobre as reaccións á sentenza, hoxe en Praza.